A Psicoloxía Social céntrase en analizar e actuar sobre os problemas das interaccións persoais nos seus diversos contextos sociais.
Utiliza procedementos e instrumentos para avaliar e intervir sobre procesos sociais complexos e dinámicos que aborden non só o compoñente individual e/ou grupal senón tamén as estruturas sociais, políticas, económicas, etc.,
Este novo ámbito busca mellorar a calidade de vida e o benestar das persoas, dirixindo os seus esforzos cara a enfoques que buscan o desenvolvemento en persoas, grupos e comunidades das necesarias habilidades e competencias para analizar mellor a súa realidade social e buscar as solucións máis adecuadas.
CATÁLOGO DE SERVIZOS
ÁMBITOS DE ACTUACIÓN
Avaliación e intervención, para a adquisición e o desenvolvemento de habilidades, de coidado e educación dos fillos.
Avaliación e Intervención, para a mellora das relacións persoais do grupo familiar (parella, pais-fillos).
Programas de Habilidades parentais
Propiciamos solucións negociadas aos conflitos xurídicos, a través dunha intervención mediadora que contribúa a paliar e previr o dano emocional, social presentando unha alternativa á vía legal, onde os implicados teñen un papel predominante.
Avaliación psicolóxica da deterioración e/ou psicopatoloxías asociadas.
Terapia de apoio.
Intervención coas persoas maiores e a contorna familiar ou de convivencia.
Fomento da independencia, e autonomía do individuo, e da súa participación na vida social.